Inspírate nos contos de Memi para crear debuxos, fotos, vídeos e redaccións. Podes empezar por debuxar as cores da túa familia ou un paxaro azul, facerlle unha foto á túa mascota, ou contarnos que che gusta máis da praia, a auga, as viaxes… ou que cousas danche medo! Publicaremos a túa obra nesta galería para que todos alucinen coa túa arte.